Se a persoa que che recomendou este produto ten un número ou código de identificación e deucho, poderás introducilo neste apartado.
Introducindo o número ou código de identificación, aceptas que, se se completa con éxito o proceso de contratación da Conta Clara, comuniquemos á persoa que che recomendou este produto que xa es novo cliente de ABANCA, que contrataches a Conta Clara, así como se domiciliaches a túa nómina ou pensión nesa Conta Clara. A finalidade desa comunicación de datos será a de xestionar os acordos de prescrición existentes entre ABANCA e a persoa que che recomendou este produto. En ningún caso se lle facilitarán os teus datos económicos (porén, nas bases legais que rexan a prescrición pode estabelecerse que a recomendación orixinará un beneficio para a persoa que recomenda se o importe da nómina ou pensión que domicilies supera un determinado importe**); e, en canto aos teus datos identificadores, unicamente se lle facilitará o teu nome. Esta (ou unha similar) é a mensaxe que recibirá o teu contacto: «Ola. Informámoste de que ‘O teu nome’ contratou a Conta Clave ABANCA e domiciliou a súa nómina/pensión* grazas á túa recomendación».
*Só no caso de que se domiciliou a nómina/pensión
**Consulta aquí as bases legais que regulan a prescrición